Dinámica do humor acuoso e presión intraocular
ISBN: 9788419155207
Año de publicación: 2022
Tipo: Libro
Resumen
Esta unidade didáctica titulada Dinámica do humor acuoso e presión intraocular forma parte da materia fisioloxía ocular que se imparte no grao de Óptica e Optometría da USC. Esta unidade céntrase no estudo da formación do humor acuoso que ten lugar nos corpos ciliares que se atopan na cámara posterior do ollo e a súa drenaxe a través do fluxo trabecular e uveoescleral. Trata ademais o papel clave que o humor acuoso ten no mantemento da presión ocular e o desenvolvemento de fisiopatoloxías asociadas. Ó longo da unidade propóñense recursos, estratexias e actividades para acadar os obxectivos didácticos propostos. Así mesmo recóllense os métodos e sistemas de avaliación que serán empregados no desenvolvemento desta unidade.