As concesións hidroeléctricasa súa reversión e a nova explotación do recurso

  1. Blanco Moa, José Antonio
Dirixida por:
  1. Carlos Aymerich Cano Director
  2. Anxo Calvo-Silvosa Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de decembro de 2023

Tribunal:
  1. Marta García Pérez Presidente/a
  2. Alba Nogueira López Secretaria
  3. Rogério Gesta Leal Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 825246 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxecto deste estudo son as concesións hidroeléctricas españolas, dentro das cales se realiza especial mención ao caso galego. Con respecto a elas, analízanse a súa finalización e reversión á Administración, así como distintas fórmulas para a súa nova explotación. Para levar a cabo esta análise estúdanse a evolución histórica e a regulación actual tanto do sector eléctrico como do dereito de augas. Unha vez observados ambos os campos, investígase o concepto de concesións de dominio público e, dentro destas, a regulación das concesións hidroeléctricas, especialmente a súa finalización e reversión. Posteriormente, inclúese un estudo de dereito comparado en que se aprecian as distintas formas xurídicas de explotación dos recursos hidroeléctricos nos países con maior potencia instalada no ámbito tanto europeo como mundial, así como a estrutura do mercado de produción hidroeléctrica dos devanditos países. Por último, analízase a conveniencia de continuar ou non coa explotación deste recurso e as distintas formas xurídicas de facelo. Para iso, obsérvanse as vantaxes e os inconvenientes dunha explotación privada, pública e mixta dos aproveitamentos, e propóñense distintos cambios normativos e formas xurídicas a través das cales se pode levar cabo esta explotación ou mellorar o modelo existente.