Decision Support Systems for Scheduling and Routing Problems in a Home Care Business
- Méndez Fernández, Isabel
- Silvia Lorenzo Freire Director
- Ángel Manuel González Rueda Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 21 de novembro de 2023
- Federico Perea Rojas-Marcos Presidente/a
- Luisa Carpente Secretario/a
- Maria Isabel Gomes Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Os servizos de atención a domicilio teñen como obxectivo axudar a persoas maiores ou dependentes a manter ou mellorar a súa calidade de vida sen necesidade de abandonar os seus fogares. Esta clase de problema denomínase Home Care Scheduling Problem (HCSP) e o seu obxectivo é obter as rutas que deben seguir as auxiliares da empresa, así como os horarios nos que debe realizarse cada servizo. É dicir, os HCSP poden ser considerados como problemas de planificación de rutas e horarios. Nesta tese estúdase un HCSP real presentado por unha empresa chamada Mayores. En primeiro lugar, preséntase o problema orixinal proposto pola empresa, que consiste en actualizar os horarios semanais das auxiliares co fin de resolver un conxunto de incidencias. En segundo lugar, descríbese unha versión máis xeral do problema, cuxo obxectivo é obter, partindo desde cero, as mellores planificacións para as auxiliares, considerando dous obxectivos: o benestar dos usuarios e o custo da planificación. O problema resólvese considerando tres enfoques: dous xerárquicos (dando prioridade ao benestar ou ao custo) e un biobxetivo. Por último, preséntase un estudo computacional para avaliar os enfoques de resolución propostos, empregando instancias da literatura e datos reais proporcionados pola empresa.