A memoria, a historia e a políticaaesquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977

  1. Fernández Prieto, Lourenzo
  2. Villares, Ramón, autor

Editorial: Real Academia Galega

ISBN: 978-84-17807-28-3

Ano de publicación: 2023

Tipo: Libro

Resumo

Discurso lido no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Lourenzo Fernández Prieto e resposta do excelentísimo señor don Ramón Villares. O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 3 de xuño de 2023 no Teatro Jofre de Ferrol. O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela centrou o seu discurso de recepción na relación entre historia, memoria e política no contexto da Transición en Galicia a partir dunha disputa pública entre Valentín Paz-Andrade, parlamentario electo na reinaugurada democracia en 1977, e Camilo José Cela, senador por designación real, que pasou no seu momento inadvertida para as novas xeracións, sen memoria da República, e que permanecería no esquecemento nas décadas seguintes. O episodio rescatado é para o historiador un exemplo claro de como “o relato do pasado, tamén o das vítimas, sempre está dominado polo vencedor”.