Memorias percibidas de feitos experimentados e vistos en vídeoutilidade forense dos criterios da análise de contido

  1. Sanmarco Vázquez, Jéssica
Dirixida por:
  1. Ramón Arce Fernández Director
  2. Mercedes Novo Pérez Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 30 de xuño de 2023

Tribunal:
  1. Silvia Moscoso Ruibal Presidenta
  2. Paula Fernández García Secretario/a
  3. Micaela Sanne Maria Magnusson Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Ciencia Política e Socioloxía

Tipo: Tese

Teseo: 819139 DIALNET lock_openTESEO editor

Resumo

A avaliación da credibilidade das declaracións é unha das probas determinantes nos procesos xudiciais en delitos que acontecen na esfera privada. Por iso é imprescindible contar con métodos e procedementos obxectivos, fiables e válidos, que permitan realizar un informe de avaliación psicolóxico forense que auxilie ó sistema de xustiza na súa labor. Unha das técnicas coas que contamos é o análise de contido, existindo diferentes ferramentas amplamente empregadas, coma o CBCA ou o SEG. Do mesmo xeito, é clave para o proceso de avaliación realizar unha boa obtención da declaración, e para tal fin, contamos coa entrevista cognitiva como técnica máis empregada e válida. Por último, cómpre sermos capaces de discernir os relatos baseados en memorias de feitos experimentados dos que non o son, e concretamente, das memorias de feitos visionados polas testemuñas dos delitos. O obxectivo da presente tese de doutoramento é estudar se as ferramentas de análise de contido son capaces de discriminar entre memorias de feitos experimentados e memorias de feitos visionados. Para iso leváronse a cabo tres estudos. O primeiro estudo meta-analítico examina a capacidade discriminativa das categorías de realidade do CBCA entre memorias fabricadas de feitos visionados e memorias fabricadas de feitos, atopándose resultados moi dispares, con tamaños do efecto desde positivos a negativos e nulos. O segundo estudo foi deseñado para coñecer a calidade da información recordada de feitos visionados con base nos acertos, erros de comisión e erros de omisión, así como a persistencia do testemuño. Os resultados mostraron que o recordo conten unha maior taxa de acertos e erros de omisión, e que estes erros eran referidos á información central do evento, así como que a información permanece invariable no tempo, é dicir, é persistente. O terceiro estudo de medidas repetidas para coñecer a capacidade discriminativa dos criterios de contido do SEG entre memorias de feitos experimentados e feitos visionados, obtivo diferentes resultados. Por unha banda, as categorías de contido teñen diferente capacidade discriminativa entre estas memorias. Por outra, as declaracións de memorias de feitos visionados non conforman proba válida e suficiente no 60% dos casos. E finalmente, identificáronse as categorías de contido que conforman o modelo robusto que distingue entre memorias de feitos experimentados e feitos visionados. En definitiva, dos resultados xerais obtidos conclúese que existen poucos estudos experimentais que analicen e comparen os dous tipos de memoria, que a información recordada sobre un evento visionado contén mais acertos, e mais erros de omisión que de comisión, e por último, que o SEG ten capacidade discriminativa para distinguir entre a memoria dun feito experimentado e a memoria dun feito visionado. En investigacións futuras deberíanse de ter en conta estes achados e incluílos nos seus deseños. Do mesmo xeito, cómpre ampliar o número de estudos sobre a capacidade discriminativa das ferramentas de análise de contido entre memorias de feitos experimentados e memorias de feitos visionados.