Desenvolvemento dun método óptico para a determinación de nanomateriais metálicos

  1. Alves Iglesias, Yeneva
Supervised by:
  1. Jesús Sanmartín Matalobos Director
  2. Pilar Bermejo Barrera Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 22 September 2023

Committee:
  1. Margarita López-Torres Chair
  2. Raquel Domínguez González Secretary
  3. Jose Manuel Seco Botana Committee member
Department:
  1. Department of Inorganic Chemistry

Type: Thesis

Abstract

A produción e uso masivo de nanomateriais (NMs) en múltiples ámbitos, tanto industriais como tecnolóxicos e sanitarios, provocou que os investigadores nos preocupásemos polos posíbeis efectos negativos que poden ter ditos NMs sobre a saúde humana. Esta preocupación provocou que nos últimos anos se levasen a cabo estudos de nanotoxicoloxía e nanoseguridade, ciencias estas, que requiren métodos nanometrolóxicos fiables. A finalidade desta tese doutoral é a síntese, caracterización e estudo de ligandos orgánicos que actúen como receptores para levar a cabo a determinación de nanomateriais en medios acuosos ou alcois. Esta investigación céntrase no uso da espectroscopía de fluorescencia e de UV-Vis para a detección de nanopartículas CuO e CdSe, así como puntos cuánticos de CdSe funcionalizados con cisteina, empregando receptores capaces de interaccionar con eles, o que determinará un cambio nas súas propiedades ópticas