Zelda Sayre Fitzgerald’s Artistic Aspirations and FrustrationsAn Analysis of Her Short Stories and Novels

  1. Vázquez Novo, Vanesa
Dirixida por:
  1. María Frías-Rudolphi Director
  2. José Liste Noya Titora

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de xullo de 2023

Tribunal:
  1. Patricia Fra López Presidenta
  2. Rodrigo Andrés Secretario/a
  3. Sieglinde Lemke Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 818419 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta tese doutoral analiza unha selección de relatos curtos e novelas da escritora norteamericana Zelda Sayre Fitzgerald (1900-1948) para así poder examinar as súas frustracións e aspiracións artísticas permanentes. Para isto, tivéronse en conta estudos de trauma e feministas como a base teórica sobre a que se constrúe este estudo. A través da análise dos relatos curtos “The Iceberg” (1917), “The Girl with Talent” (1930), “Miss Ella” (1931) e “A Couple of Nuts” (1932), ademais das novelas Save Me the Waltz (1932) e Caesar’s Things (inédita), esta tese busca explorar as interseccións existentes entre os estudos de trauma e feministas que subxacen as obras de Zelda. Neste estudo, préstase especial atención á necesidade de Zelda de narrar os seus traumas psicolóxicos indescritibles a través das obras de ficción que crea, a pesar do silencio e a opresión das súas obras que privan ás súas mulleres protagonistas de desenvolvemento profesional e liberdade persoal. É precisamente grazas ás descricións metafóricas que se atopan ao longo dos seus traballos que Zelda permite que as súas propias obras falen por ela mesma e representen o sufrimento permanente dunha muller que loitou polas súas aspiracións artísticas como bailarina, pintora e escritora.