Intervencións artísticas no espazo público galego (1975-2015)

  1. Jorge Viz González
Dirixida por:
  1. Miguel Anxo Rodríguez González Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 02 de xaneiro de 2023

Departamento:
  1. Departamento de Historia da Arte

Tipo: Tese

Resumo

A presente tese estuda as intervencións artísticas no espazo público, en Galicia, entre 1975 e 2015. Asume a heteroxeneidade radical de tendencias e estilos que coexisten no espazo público galego, dende a escultura tradicional ata as intervencións activistas con forte carga estética, para negar o discurso da desmaterialización da idea de monumento. Partiuse dunha indagación nas problemáticas teóricas sobre os temas de monumento e arte no espazo público. Tras un preludio de achegamento ao contexto galego, levouse a cabo unha análise das intervencións, divididas segundo os promotores. Por último, realizouse unha investigación sobre percepción social para ditaminar o impacto que xera unha escolma das intervencións existentes no espazo público nas comunidades onde se insiren.