El alumnado con discapacidad en el contexto de la educación superiorel caso del sistema universitario de Galicia

  1. Enelina María Gerpe Pérez
Dirixida por:
  1. Ana María Porto Castro Director
  2. Xosé Cajide Val Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 02 de xaneiro de 2023

Departamento:
  1. Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Tipo: Tese

Resumo

Cada vez son máis os/as alumnos/as con discapacidad que acceden á formación universitaria froito, en gran parte, do éxito dos programas de inclusión desenvoltos nos niveis educativos inferiores. A finalidade deste estudo é coñecer e analizar o perfil do alumnado universitario galego con discapacidade e comprobar a aplicación dos estándares recomendados a nivel europeo na propia institución universitaria en canto á atención das persoas con discapacidade; analizar a súa situación e/os retos aos que ten que enfrontarse no día a día en dita etapa educativa. No estudo, de carácter descritivo e de comparación, empréganse como instrumentos de recollida de información o Cuestionario para o Estudo da Discapacidade na Educación Superior (CEDES) aplicado a 1.934 alumnos/as universitarios/as das tres universidades que conforman o Sistema Universitario de Galicia (España), unha entrevista feita a/os tres responsables dos Servicios de Atención ao Alumnado con Discapacidade na Universidade de ditas institucións e unha entrevista realizada a seis alumnos/as universitarios/as con discapacidade, xunto cunha escala de Autoestima e unha folla de rexistro. Os principais resultados sinalan que a visión dos diferentes colectivos participantes no estudo corroboran que aínda que existe unha predisposición e actitude positiva e inclusiva cara a tención ao alumnado con discapacidad, son así mesmo conscientes da necesidade de melloras, dunha maior dotación, organización e/ou formación no contexto da Educación Superior para que esta poida ofrecer unha atención de calidade e lograr unha auténtica inclusión.