A migración galega en Alemañaunha análise dende a Lingüística Migratoria e a Glotopolítica

  1. Marta Estévez Grossi
Book:
Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018
  1. Marta Díaz (ed. lit.)
  2. Gael Vaamonde (ed. lit.)
  3. Ana Varela (ed. lit.)
  4. María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.)
  5. José María García-Miguel Gallego (ed. lit.)
  6. Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.)

Publisher: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-786-9

Year of publication: 2018

Pages: 336-343

Congress: Congreso Internacional de Lingüística Xeral (13. 2018. Vigo)

Type: Conference paper

Abstract

Os datos oficiais sinalan que entre 1955 e 1988 pasaron pola República Federal de Alemaña ao redor de 800 000 migrantes con nacionalidade española. Aproximadamente un 20% dos/as cales era de orixe galega, constituíndose así como o segundo grupo en número dentro do colectivo español (Leib e Mertins 1980). Con esta contribución quixera analizar as prácticas lingüísticas da comunidade galega en Alemaña tanto dentro da propia comunidade galega e da comunidade hispanofalante na que esta se circunscribe como con respecto á sociedade alemá. A análise está baseada no modelo lingüístico migratorio de Gugenberger (2007, 2018), se ben tamén se prestará especial atención ao papel asumido polas institucións creadas ou apoiadas polo réxime franquista para a asistencia dos/as emigrantes na súa calidade de axentes glotopolíticos. Para isto, tomarei a migración galega a partir dos anos 1960 na cidade de Hannover —un dos centros urbanos da RFA que recibiu máis migración española— como exemplo paradigmático.