Cuatro ensayos de economía de la lengua y de la cultura

  1. CASARES BERG, Hakan Olof
Dirixida por:
  1. Alberto Meixide Vecino Director
  2. Melchor Fernández Fernández Titora

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 20 de outubro de 2022

Tribunal:
  1. Victor Fernández Freixanes Presidente/a
  2. Isabel Novo Corti Secretario/a
  3. Xosé Carlos Arias Moreira Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Fundamentos da Análise Económica

Tipo: Tese

Resumo

Este traballo elaborouse para describir fenómenos sociais a partir da análise de variables económicas que afectan á lingua e á cultura. O obxectivo principal é ofrecer unha panorámica do significado da economía da lingua e da cultura en clave rexional e aplicar unha metodoloxía propia das ciencias económicas a fenómenos culturais e lingüísticos. Elaboráronse catro ensaios interrelacionados, pero diferentes, que pretenden dar conta de dous fenómenos culturais e dous lingüísticos, cada un co seu corpo teórico, metodoloxía, hipóteses e resultados propios. O primeiro capítulo, Evolución do sistema produtivo da cultura en Galicia ten por obxectivo delimitar a efectos económicos o ámbito cultural de Galicia e tratar de explicar a súa evolución nos últimos 20 anos. No segundo capítulo, Hábitos culturais en Galicia, o obxectivo é analizar como é a relación da poboación galega coa oferta cultural en Galicia e que variables inciden nun maior ou menor consumo de cultura. O terceiro capítulo, Estimación do impacto económico da cooficialidade do asturiano e do galegoasturiano, ten por obxectivo medir o efecto económico dunha medida de política lingüística como a aprobación dun status legal novo para unha lingua minoritaria no territorio no que se aplica o novo marco normativo. O último capítulo titúlase Influencia das competencias lingüísticas nos salarios en Galicia. O obxectivo deste traballo é determinar como retribúe o mercado de traballo galego a competencia en linguas estranxeiras e tamén en galego.