Deseando a la mujer fuerte. Presencias y ausencias de las mujeres fuertes del antiguo testamento en la pintura española del seiscientos
- Juan Manuel Monterroso Montero Director
- Álvaro Pascual Chenel Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 18 de marzo de 2023
- Miguel Ángel Zalama Rodríguez Presidente/a
- José Manuel García Iglesias Secretario
- Alejandra B. Osorio Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Este traballo ten como obxectivo estudar as ausencias e presenzas iconográfica das mulle- res fortes do Antigo Testamento na pintura española realizada entre 1600 e 1700, entendendo dita invisibilidade como un resultado directo dunha sociedade fortemente patriarcal e pechada, que relegou ás mulleres a un segundo plano. A falta de intelixencia da muller, a súa debilidade de espírito, a súa natureza tendente ao pecado, foron ideas que se trataron de integrar como sentido común dunha sociedade maiori- tariamente analfabeta e iso, unido á compresión da imaxe como o medio eficaz de propaganda cultural para a transmisión dos valores e ideais do discurso patriarcal dominante, contribuíu a que os pintores españois levasen a cabo unha produción iconográfica que ofrecía os modelos de comportamento femininos que o xénero masculino considerou adecuados para a muller, censu- rándose ou autocensurándose aqueles que representaban unha ameaza para as crenzas impostas pola ideoloxía dominante: os das mulleres fortes e intelixentes. Por iso, este traballo, a través, en primeiro lugar, levará unha análise da concepción da na- tureza da muller e os roles de comportamento impostos ao xénero feminino, mediante o estudo dos tratados de filosofía natural, os tratados para a instrución das mulleres –obra dos humanistas cristiáns–, os tratados de pintura e a iconografía feminina maioritaria entre os pintores espa- ñois, por ser a aceptada e imposta polas institucións no poder que marcaban o decoro moral das imaxes; en segundo lugar, mediante a análise de bases de datos, tratarase de comprender cal foi o gusto dos mecenas ou coleccionistas de arte da época, a través do estudo dos seus inventarios; e, en terceiro lugar, mediante a análise das presenzas iconográficas que se conservan ou das que se ten noticia de mulleres fortes veterotestamentarias producidas polos pintores españois; a presente investigación pretende lanzar luz sobre os motivos da exigüidade de iconografías veterotestamentarias no pintura española do século XVII, e dentro desta escaseza xeral, analizar as ausencias dalgunhas destas figuras femininas de gran importancia nas Sacras Escrituras e na produción cultural doutros países durante o mesmo período, no seo dunha sociedade onde o catolicismo foi o aglutinante que a alianza entre Iglesia e Monarquía empregaron para manter unido o vasto territorio español.