Hábito epigráfico y construcción provincial romana en el Conventus Lucensis
- David Serrano Lozano
- Francisco Javier González García Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 14 de marzo de 2023
- Jonathan Edmondson Presidente/a
- Pedro Manuel López Barja de Quiroga Secretario
- Silvia González Soutelo Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A epigrafía latina do territorio galaico foi interpreada, tradicionalmente, segundo atendendo á evolución da percepción da romanización, á transformación do paradigma colonial ao postcolonial e, tamén, nunha relación retrospectiva coa derradeira etapa da Idade do Ferro. Así mesmo, a epigrafía de certos núcleos ou certas pezas puntuais recibiu, asemade, unha atención sensibelmente superior á das inscricións ou conxuntos de menor entidade ou procedentes de contornas marcadamente rurais. Neste traballo realízase unha análise da epigrafía latina do Conventus Lucensis a partir do estudo dos distintos conxuntos, xa pola súa asociación con núcleos/talleres concretos ou por constutir posibles producións interrelacionadas en paisaxes epigráficas, definidas como como unidades de análise. Co posterioridada analízanse as posibles interrelacións entre as distintas paisaxes epigráficas propostas e a súa imbricación nos procesos de construción provincial romana, como o comercio atlántico. Con esta finalidade, procedeuse á realizón do o maior número posible de autopsias das pezas conservadas, así como á consulta de documentación sobre aquelas para poder levar a cabo a elaboración dun corpus epigráfico de referencia que artella as distintas propostas deste estudo. Levaremos a cabo unha aproximación de tipo integral ás pezas e aos conxuntos epigráficos que considere, dun xeito conxunto, todas as súas posibles compoñentes de análise, incluíndo elementos internos, externos ou especiais relacións que manteñen con outras pezas, conxuntos ou xacementos. A nosa proposta de identificación das paisaxes epigráficas e das súas posibles interrelacións durante o alto Imperio romano configúrase como unha contribución á construción dun marco teórico sobre a expansión do hábito epigráfico, elaborado a partir da análise do propio rexistro documental e non a través da súa inserción nun paradigma teórico previo.