O contexto no que se desenvolveu Feiraco: as intensas mudanzas no sector agrario e no medio rural galego ao longo do último medio século
Editorial: Feiraco S. Coop. Ltda
ISBN: 978-84-695-8238-1
Ano de publicación: 2013
Páxinas: 360-365
Tipo: Capítulo de libro
Resumo
O período histórico no que D. Jesús García Calvo desenvolveu o seu labor (a segunda metade do século XX e os inicios do século XXI) caracterizouse por transformacións profundas na agricultura e no medio rural de Galicia, unhas transformacións que van mudar por completo a realidade inicial na que comezou a traballar na comarca da Barcala dos anos 1950 e 1960. Consciente da inevitabilidade de moitos dos cambios, a preocupación de D. Jesús foi sempre que estes se saldaran cunha mellora no nivel de renda e nas condicións de vida dos labregos e os restantes habitantes do rural, e tamén que os labregos tiveran o maior protagonismo e control non só sobre a produción senón tamén sobre a comercialización e transformación industrial dos seus produtos. A este obxectivo básico tratou de responder a súa iniciativa máis destacada, a cooperativa Feiraco, un proxecto hoxe consolidado despois de máis de 40 anos de vida. A finalidade destas notas é ofrecer unhas breves pinceladas sobre as intensas mudanzas que experimentou no último medio século o sector agrario e o medio rural galego, para axudar a perfilar o contexto no que D. Jesús García Calvo levou a cabo o seu labor e entender tamén mellor algunhas das preocupacións que emerxen continuamente nos seus escritos.