Presentación e avaliación dun proxecto colaborativo para a obtención de datos lingüísticos: Doa. Dialectoloxía cidadá

  1. Rosario Álvarez 1
  1. 1 Instituto da Lingua Galega - Universidade de Santiago de Compostela
Revista:
eHumanista: IVITRA

Ano de publicación: 2022

Número: 22

Páxinas: 191-205

Tipo: Artigo

Resumo

Presentamos DOA. Dialectoloxía cidadá, un proxecto deseñado para recadar datos lingüísticos con referencia xeográfica coa colaboración de persoas que non son lingüistas. Avaliamos o valor dos resultados, e con iso o interese e rendibilidade de DOA, contrastando os datos doados para a Coccinella co inventario, distribución territorial e “fronteiras” obtidos previamente pola dialectoloxía tradicional (sobre todo co método da xeografía lingüística).