Toponimia alternativa nas guías do Camiño de Santiagotradicións peregrinais e pegadas na paisaxe
-
1
Universidade de Santiago de Compostela
info
- Ana I. Boullón (ed. lit.)
- Luz Méndez (ed. lit.)
Editorial: Real Academia Galega
ISBN: 978-84-17807-19-1
Ano de publicación: 2022
Páxinas: 67-83
Tipo: Capítulo de libro
Resumo
Tras unha reflexión xeral sobre os problemas dunha formulación coma a de “Toponimia do Camiño de Santiago” e sobre a consideración do Camiño de Santiago como paisaxe toponomástica, pásase a facer un repaso de diversos nomes de lugar do Camiño Francés (Via Francigena) que recibiron un tratamento especial por parte dos peregrinos, é dicir, foron nomeados pola literatura peregrinal dunha maneira distinta á que recollen os documentos locais. En ocasións, estas denominacións alternativas perpetuáronse ao longo dos séculos en relatos de viaxe e guías de peregrinos escritas en épocas diversas por persoas de procedencia tamén diversa, ofrecendo a impresión dunha tradición onomástica común, diferente da reflectida na documentación local, como xurdida en ambientes peregrinais e privativa deles. En ocasións, estas tradicións transcenderon e chegaron mesmo a deixar a súa pegada na propia paisaxe toponomástica.