Presentación y análisis de viabilidad de una nueva tipología de muelleel Pilote-Lámina

  1. García García, Emilio Fernando
Dirixida por:
  1. Jose Gregorio Iglesias Rodríguez Director
  2. Alberte Castro Ponte Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 10 de marzo de 2023

Tribunal:
  1. Mario López Gallego Presidente/a
  2. María Luz Gil Docampo Secretaria
  3. Carlos Pérez Collazo Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Enxeñaría Agroforestal

Tipo: Tese

Resumo

As infraestruturas portuarias son de primordial importancia para as cadeas de transporte intermodal que sustentan o comercio internacional de mercado- rías e para as economías dos países e rexións onde se atopan. A creación de novos terreos portuarios para o intercambio de mercadorías por vía marítima require a construción de obras de atraque e amarre para os buques que supo- ñen grandes investimentos, podendo ser de diversa tipoloxía en función das condicións existentes no lugar. Nesta tese preséntase unha nova tipoloxía de obras de atraque e amarre denominada sistema Pilote-Lámina, baseada no funcionamento conxunto de pilotes e elementos de tipo lámina. A nivel estrutural, a resposta do sistema descomponse entre ambos, de forma que os pilotes traballan fundamentalmen- te a flexión e as láminas a tracción, conseguindo a optimización dos seus ma- teriais constitutivos, xa que permite aproveitar ao máximo as súas propiedades mecánicas. A viabilidade desta nova tipoloxía analízase desde distintos pun- tos de vista (funcional, procedemento construtivo, custo económico, efectos ambientais, etc.) e compárase con outras tipoloxías existentes. En primeiro lugar, analízase polo miúdo a primeira experiencia de aplica- ción práctica desta nova tecnoloxía: a construción dun prototipo a escala real de peirao no porto de Vilanova de Arousa (Galicia). Posteriormente, estúdase o comportamento hidrodinámico do sistema mediante a realización de pro- bas de laboratorio con modelos físicos a escala reducida. Por último, proponse unha forma de adaptar o sistema a outros escenarios máis esixentes, fundamen- talmente maiores calados, mediante a introdución de modificacións, tanto no deseño do sistema como no seu procedemento construtivo. O sistema adaptado analízase estruturalmente para comprobar a súa aplicabilidade para alturas de peirao de ata 26 metros. As conclusións obtidas nesta tese de doutoramento permiten avanzar na comprensión e desenvolvemento do innovador sistema Pilote Lámina como nova tecnoloxía para a construción de peiraos portuarios