Do adestramento vocal á creación do personaxeBases e elementos para a elaboración dunha partitura vocal na escena

  1. Domínguez Dapena, Mª Cristina
Dirixida por:
  1. Manuel F. Vieites Director
  2. Carmen Becerra Suárez Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 14 de setembro de 2022

Tribunal:
  1. Dolores Vilavedra Fernández Presidenta
  2. Carmen Luna Sellés Secretario/a
  3. Alfonso Becerra Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Debido ás características do mercado laboral actual, os actores e actrices vense na obriga de cambiar de forma constante os códigos interpretativos cos que traballan, ao ter que alternar escena e audiovisual (os seus espazos de traballo naturais). Moitas veces as ferramentas precisas para facer eses cambios de código vocal e físico, sen que o seu aparato fonador se resinta, son escasas. Partindo da premisa de que o intérprete debe comezar o seu traballo de creación de personaxe cun adestramento que lle facilite a súa transformación, por medio da posta a punto do seu aparato físico e vocal e dependendo do tipo de posta en escena que propoña o director, o obxectivo xeral desta investigación é o de estudar e buscar e propoñer solucións prácticas que faciliten a transición que un intérprete, no proceso de creación do personaxe, debe realizar desde o momento que leva a cabo o seu adestramento vocal ate que pon en voz o material textual propio do personaxe que está a crear, e para unha correcta realización do mesmo. Ao mesmo tempo, e como, ferramenta necesaria na construción da partitura vocal, proponse un modelo de análise textual a partir dos elementos que interveñen na súa fonación e emisión, partindo na proposta de textos paradigmáticos da literatura dramática galega contemporánea.