Desarrollo de las capacidades de argumentación en ciencias de la naturaleza y educación ambiental
- Francisco Sóñora Luna
- Isabel García-Rodeja Gayoso Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 09 March 2023
- Susana García Barros Chair
- José Antonio Caride Gómez Secretary
- Emilio Fernández Suárez Committee member
Type: Thesis
Abstract
Esta tese ten por finalidade coñecer como os estudantes desenvolven a capacidade de elaborar argumentos e modelos en actividades de argumentación relacionadas con temáticas ambientais en diferentes escenarios. Analízase o discurso dos estudantes, en concreto analizamos os patróns discursivos, os tipos de interacción na construción de argumentos e os modelos construídos por parte do alumnado de secundaria. Os participantes son estudantes de 3º de ESO (2 casos sobre CC. do solo) e de 1º de Bacharelato (4 casos sobre cambio climático). Os seis casos teñen en común os aspectos xerais compartidos que se centran en tres grandes dimensións: 1) análise da interacción; 2) a construción de argumentos e 3) a activación e modificación dos modelos dos estudantes. Transcríbeuse o discurso, categorízanse os turnos de intervención en canto a argumentación e interaccións, extraéronse e valoráronse patróns de argumentos e modelos. Os resultados mostran que as interaccións na co-construción de argumentos modifican os roles tradicionais escolares, situando ao docente como orientador, alentando aos estudantes para razoar e discutir a favor da construción de argumentos. O desenvolvemento das capacidades de argumentación levan parellos procesos de modelización que en algúns casos logran evolucións significativas dende modelos iniciais incoherentes, que co desenvolvemento das capacidades de co-argumentación, poden chegar ata modelos coherentes para a ciencia escolar.