Galiciaa autonomía que, prevista como privilexio, quiso frustrarse como discriminación. Un breve apuntamento
ISSN: 1887-0279, 1887-0287
Datum der Publikation: 2022
Ausgabe: 17
Nummer: 1
Seiten: 1-14
Art: Artikel
Andere Publikationen in: Administración & cidadanía: revista da Escola Galega de Administración Pública
Zusammenfassung
O proceso descentralizador español foi o froito de tendencias ideoloxicamente non coincidentes e mesmo en ocasións encontradas que deron lugar a que a plasmación final das previsións constitucionais dependese en gran medida de decisións políticas e pactos partidistas que en máis dunha ocasión se substanciaron en xiros normativos de importancia indiscutible. O proceso que levou á aprobación do Estatuto galego e á constitución da corres-pondente comunidade autónoma supuxo, tal como pretende explicarse neste texto, un exem-plo sobresaínte dos xiros referidos: Galicia debería ter accedido á autonomía por unha vía privilexiada que no seu momento, aínda que sen éxito, pretendeu desnaturalizarse, intento que acabaría por ter grande influencia na definitiva definición do marco autonómico español.