La artrosis en Españaprevalencia, definición de fenotipos y descripción de las características clínicas

  1. Silva-Díaz, Maite
Dirixida por:
  1. Francisco J. Blanco García Director
  2. Natividad Oreiro Villar Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de xaneiro de 2023

Tribunal:
  1. Antonio Mera Varela Presidente
  2. Javier de Toro Santos Secretario/a
  3. Eva Salgado Pérez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 784875 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A artrose (OA) é un grupo heteroxéneo de enfermidades que nos últimos anos están a subdividirse en función dos fenotipos clínicos e dos endotipos fisiopatolóxicos. Esta tese describe os fenotipos dos pacientes con OA cervical, lumbar, cadeira, xeonllo e man no estudo EPISER 2016, que é un estudo transversal de base poboacional para estimar a prevalencia de enfermidades reumáticas en España. En todas as localizacións, a OA aumenta coa idade e é máis frecuente en mulleres, suxeitos con menor nivel educativo e obesidade. Tamén caracterizamos o fenotipo axial nestes pacientes, diferenciando dous grupos, o que só presenta OA axial e o que pode presentar tamén OA periférica. Paralelamente, faise unha descrición dos fenotipos dos pacientes da cohorte PROCOAC e concretamente do fenotipo de OA erosiva das mans. A pesar de tódalas investigacións activas neste campo, aínda non existe un tratamento que modifique a progresión da enfermidade ou que sexa altamente efectivo no alivio sintomático. Neste contexto realizamos un estudo para buscar biomarcadores para predecir a resposta terapéutica en pacientes con OA de xeonllo á combinación de sulfato de condroitina e clorhidrato de glucosamina.