Como reverter as desigualdades nos museos: reflexións dende a crítica patrimonial feminista

  1. Jiménez-Esquinas, Guadalupe
Libro:
Memoria documental de Galicia: As mulleres a información e os centros da memoria. Actas das xornadas organizadas pola Fundación Olga Gallego e por BAMAD-Galicia

Editorial: Bamad Galicia

ISBN: 978-84-09-45491-4

Ano de publicación: 2022

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

Neste texto quero compartir algunhas das reflexións que veño facendo os últimos anos sobre a pertinencia de adoptar unha perspectiva crítica feminista no ámbito dos museos e do patrimonio, co obxectivo de non seguir perpetuando roles e estereotipos de xénero así como para rachar coas xerarquizacións e dinámicas que xeran desigualdades. A ausencia de mulleres ou a súa representación estereotipada incide na minusvaloración, banalización ou ridiculización do se que asociou historicamente co feminino, reproducindo así as bases da violencia simbólica. Con todo, non só podemos atender a unha inxustiza no plano do simbólico, senón tamén como isto repercute na invisibilización da precariedade e as condicións de desigualdade