Consideracións xerais sobre as construcións «oír + infinitivo» e «oír + cláusula conxuntiva» a partir dunha mostra do Corpus de Referencia do Galego Actual

  1. Noelia Estévez-Rionegro
Journal:
Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca

ISSN: 1130-8508

Year of publication: 2022

Issue: 27

Pages: 101-112

Type: Article

More publications in: Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca

Abstract

A partir da análise dos tipos de configuración sintáctica que presenta o verbo oír como predicado rexente de cláusula completiva na lingua galega actual (oír + cláusula de infinitivo e oír + cláusula conxuntiva), determínase a súa frecuencia de uso e trátase de establecer as características sintáctico-semánticas de cada unha delas, así como a relación que existe entre o tipo de construción e o valor dos seus constituíntes. A base empírica empregada é unha mostra de oitenta e dous exemplos tirados do Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), cuxo estudio cuantitativo e cualitativo permite bosquexar algunhas hipóteses sobre o tipo de construción máis habitual no discurso dos falantes e os factores sintácticos, semánticos e mesmo pragmáticos que condicionan a súa estrutura.