Demografía, condicións de vida e benestar. Notas para un debate

  1. María Xosé Rodríguez Galdo
Revista:
Atlantic Review of Economics: Revista Atlántica de Economía

ISSN: 2174-3835

Ano de publicación: 2023

Título do exemplar: II Foro de Economía Prospectiva de Galicia (Universidad Internacional Menéndez Pelayo, octubre de 2021)

Volume: 6

Número: 1

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Atlantic Review of Economics: Revista Atlántica de Economía

Resumo

A preocupación polas dinámicas demográficas acapara hoxe en día a atención dun amplo espectro de xente, o que non deixa de ser un feito relativamente novo. A conciencia de que a evolución da poboación, e da nosa base socioeconómica, condiciona no presente e no inmediato futuro o noso benestar estaba a propiciar, moi especialmente dende o ámbito académico da economía, o interese pola demografía, que se intensificaría coa irrupción da pandemia de Covid-19. A crise sanitaria incrementou a nosa percepción de que vivimos nunha comunidade interdependente e que a dinámica poboacional, a nivel global, interactúa con practicamente todas as dimensións da discusión pública sobre a pandemia e dá forma á proxección do que sexa que estea por vir. Non sorprende así, dada a súa dimensión sociosanitaria, que os debates científicos do momento entren necesariamente de cheo no campo da demografía, situada como está na intersección entre o biolóxico e o social. As circunstancias actuais esixen enfrontar a pandemia xunto co reto da xestión do cambio demográfico como recentemente se instaba no Informe da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións sobre os efectos do cambio demográfico (Bruselas, 17.6.2020).