Barreras económicas e impulsores de las inversiones en eficiencia energética en el transporte marítimo de mercancíasuna aproximación desde el problema del agente-principal

  1. Longarela-Ares, Ángeles
Dirixida por:
  1. Anxo Calvo-Silvosa Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 25 de novembro de 2022

Tribunal:
  1. Amaia Maseda García Presidente/a
  2. Fernando DeLlano-Paz Secretario/a
  3. Luis Otero González Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 769153 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A redución do consumo de enerxía é fundamental para conseguir un transporte marítimo máis sostible. Non obstante, os investimentos en eficiencia enerxética vense inhibidos por barreiras, circunstancia que fai necesaria a existencia de impulsores que reduzan os seus efectos. En consecuencia, a partir de situacións nas que se identifican problemas propios da relación axente-principal, este traballo céntrase na relevancia de analizar a influencia dos factores que inciden na decisión de investimento (Modelo I), así como na preferencia entre medidas técnicas ou operacionais (Modelo II). Aplícanse métodos mixtos para a realización dunha análise empírica: desenvólvese unha revisión sistemática da literatura que senta as bases para dous modelos de regresión loxística binomial, un dos cales integra os custos e beneficios financeiros e ambientais das medidas co estudo de barreiras e impulsores. Os resultados mostran que nas embarcacións máis antigas, menos contaminantes, con menor nivel de actividade, con fallos informativos ou que operan baixo contratos de fretamento por tempo é menos probable investir, especialmente en medidas técnicas en comparación coas operacionais. O contrario ocorre en buques baixo contratos de fretamento por viaxe, con información verificada, maior nivel de actividade, máis contaminantes ou embarcacións novas afectadas por directrices enerxético-ambientais