Biomarcadores en cáncer gástrico avanzado y metastásico, el papel predictivo y pronóstico de la vitamina D

  1. Cousillas Castiñeiras, Antía
Dirixida por:
  1. Elena Gallardo Martín Director
  2. Arturo González Quintela Titora

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 09 de decembro de 2022

Tribunal:
  1. Tomás García-Caballero Parada Presidente
  2. Nieves Martínez Lago Secretario/a
  3. María Elena Padin Iruegas Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Nesta tese analizouse a relación entre o prognóstico do cancro gástrico e biomarcadores bioquímicos, moleculares e clínicos. O deseño do estúdio foi observacional, ambispectivo e multicéntrico composto por dúas cohortes: unha en estadio localizado e outra en estadio mestastásico. Na cohorte de cancro gástrico localizado observouse un peor prognóstico nos pacientes con un déficit grave de vitamina D. Así como a nivel molecular, os pacientes con infraexpresión de miR-125b, miR-181b-5p, miR181c-5p, miR-181d- 5p no tecido tumoral e adxacente ao tumor presentaron un menor tempo ata a recaída e peor supervivencia global. Ademais, desenvolveuse unha escala denominada PALV conformada polos niveis basais da proteína C reactiva, albúmina, vitamina D e o estado funcional. Esta escala diferenciou de forma estatisticamente significativa un grupo de paciente de alto risco (grupo C) con peor supervivencia global e menor tempo ata a recaída en comparación cos pacientes de risco intermedio e baixo. Na cohorte de cancro gástrico metastásico o ratio neutrófilo-linfocito basal e o ratio neutrófilo- linfocito diferencial foron factores prognósticos independentes para a supervivencia global nos pacientes en tratamento de quimioterapia paliativa; ademais a combinación de ambas medidas tivo un valor preditivo de resposta á primera liña de quimioterapia