The heterogeneity of disruptive behavior in the preschool years: levels of organization and underlying mechanisms

  1. Domínguez Álvarez, Beatriz
Dirixida por:
  1. Estrella Romero Triñanes Director
  2. Laura López Romero Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 03 de novembro de 2022

Tribunal:
  1. Laura Mezquita Guillamón Presidente/a
  2. Olalla Cutrín Mosteiro Secretaria
  3. Ashley Lauren Watts Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía

Tipo: Tese

Resumo

Os problemas de conduta perturbadora son frecuentes durante os anos preescolares. Sen embargo, no caso dalgúns nenos/as, tales condutas poden estar sinalando o comezo dunha traxectoria potencialmente persistente e nociva. Un desafío importante no estudo destas dificultades temperás é a heteroxeneidade na súa presentación, orixe e curso evolutivo, que contribúe a frustrar, polo menos parcialmente, os avances na prevención e intervención destes problemas. Nesta tese, propuxémonos profundizar na análise da heteroxeneidade etiolóxica e fenotípica dos problemas de conduta perturbadora de inicio temperán, empregando datos lonxitudinais dunha ampla mostra comunitaria de preescolares (Proxecto ELISA, N= 2467, 48.1% nenas, media de idade= 4.25 anos, DT=.91). As preguntas de investigación formuláronse tendo en conta os modelos teóricos dispoñíbeis e a evidencia empírica previa. A nivel conceptual, apoiámonos en aproximacións estruturais á psicopatoloxía, de corte empírico, así como na teoría e investigación sobre temperamento. A nivel metodolóxico, empregáronse modelos de variables latentes (e.g., análises con ecuacións estruturais) para contrastar as nosas hipóteses.