O fragmento galego do Livro de Tristannova edición paleográfica e crítica

  1. Pilar Lorenzo Gradín ed. lit.
  2. Susana Tavares Pedro ed. lit.

Editorial: Edizioni dell'Orso

ISBN: 9788862747653

Ano de publicación: 2017

Tipo: Libro

Resumo

Durante décadas, o pergamiño que contiña o fragmento galego do Livro de Tristan deuse por perdido, mais, afortunadamente, o prezado testemuño –que era proba directa da circulación da V. II do Tristan en prose francés no occidente ibérico– non desaparecera, senón que tan só estaba descolocado no Archivo Histórico Nacional de Madrid, onde foi localizado a finais do ano 2009. Esta publicación parte da consulta directa do pergamiño para ofrecer unha nova proposta de edición paleográfica e crítica do texto transmitido no célebre bifolio.