A gheada e o seseoentre as ideoloxías da estandarización e as ideoloxías da resistencia

  1. Recalde Fernández, Montserrat
Dirixida por:
  1. Mauro Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 14 de xuño de 2022

Tribunal:
  1. José del Valle Presidente/a
  2. Xosé Luís Regueira Fernández Secretario
  3. Ana Iglesias Álvarez Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Nesta tese investíganse as actitudes cara a gheada e o seseo galegos no marco das ideoloxías da estandarización e da resistencia. Adoptarase un enfoque integrador e sociohistoricamente contextualizado, que toma como perspectiva analítica a sociolingüística crítica e a análise do discurso. Por unha banda, analízase o seu tratamento dende arriba, tomando como obxecto de análise o discurso metalingüístico de axentes e institucións relevantes no proceso de cultivo e estandarización do galego dende o Rexurdimento á actualidade. As posicións ao respecto examínanse sobre o fondo dos modelos de estándar propostos e as ideoloxías puristas asociadas a estes. Ao mesmo tempo, investigase o proceso paralelo de construción dos valores indexicais destas pronuncias e os aliñamentos ideolóxicos subxacentes. Por outra banda, procedeuse á análise sincrónica das actitudes lingüísticas de dúas mostras de falantes do común (adolescentes e adultos), que ofrece unha visión dende abaixo. Á primeira mostra, composta por dúas submostras recollidas con quince anos de diferenza, aplicámoslle a técnica matched-guise e inspeccionamos os resultados estatisticamente. Na segunda mostra, analizamos o discurso metalingüístico recollido con entrevistas sociolingüísticas. As diferentes perspectivas adoptadas nesta investigación (diacrónica, social e metodolóxica) ofrecen un panorama amplo para comprender adecuadamente a xénese, reprodución social e evolución das actitudes cara a estas pronuncias no eixo ideolóxico que confronta estandarización e resistencia no galego actual.