El marcado CE en el sector gallego de la pizarraanálisis, evaluación y mejora del sistema

  1. Robles Sánchez, Susana
Dirixida por:
  1. María Paz Sáez Pérez Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de xullo de 2022

Tribunal:
  1. María Luisa del Río Araújo Presidenta
  2. Plácido Lizancos Secretario/a
  3. Jacinto Canivell García de Paredes Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 733736 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O sistema da marcado CE dos produtos de construción, presente dende a súa implantación a través da Directiva de produtos de construción (1989) e concibido inicialmente coma un garante da idoneidade para o uso dos produtos que o ostentasen, sufriu unha gran transformación por mor da derrogación da Directiva dos produtos de construción (1989) e a entrada en vigor do Regulamento dos produtos de construción (2011). A hipótese de partida que se establece na presente tese, baseándose no sistema actual da marcado CE, sostén a falta de garantía de adecuación do produto, posto que se trata dunha acreditación de mínimos, ao que súmase un proceso que resulta confuso, complicado e de dubidosa utilidade para os axentes que interveñen no ciclo de vida do produto de construción (fabricantes, proxectistas, construtores, técnicos e usuario final do produto). Para demostrar a hipótese, analízase, a través do sector galego da pizarra, o marco normativo regulador do proceso tanto histórico como actual, o material obxecto de estudo, a pizarra, así como a avaliación do proceso, o seu coñecemento e cumprimento dende a perspectiva dos axentes intervinientes. Os resultados das análises evidencian tanto os fallos do sistema coma o descoñecemento xeral que, por parte dos axentes implicados, existe respecto ao mesmo. Finalmente, proponse unhas liñas de mellora e avánzanse liñas de investigación adicionais co obxecto de reconducir o proceso cara a un procedemento realmente útil e necesario