Viveza de imagen, actitud ante la muerte y ansiedad ante la muerte en personas de diferentes edades

  1. López Pérez, María Esther
Dirixida por:
  1. Alfredo Campos García Director
  2. Margarita R. Pino Juste Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 21 de xaneiro de 2022

Tribunal:
  1. Antonio Sánchez Cabaco Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Aínda que a morte é un fenómeno natural e inevitable que forma parte do ciclo vital ( Neimeyer, Wittkowski, & Moser, 2004), na maioría das persoas suscita reaccións de medo e ansiedade (Gómez- Sancho, 2005; Neimeyer & Van Brunt, 1995; Tomás-Sábado & Gómez- Benito, 2003), constituíndo a ansiedade ante a morte, unha das causas fundamentais de toda ansiedade humana (Aries, 1999; Limonero, 1996). Por outra banda, o interese que está a xurdir no campo da psicoloxía por estudar a representación mental, as súas formas e modalidades de funcionamento, está a facer que o tema da imaxe e todo o que iso comporta, sexa un punto crave nos traballos de investigación. Non sabemos se as imaxes mentais inflúen na ansiedade ante a morte, pero, sabemos que inflúen en moitas variables que están intimamente relacionadas coa ansiedade ante a morte. Por iso, nesta investigación, a través de 3 estudos, desexamos saber como inflúe a Viveza de Imaxe, a Imaxe da morte, a Doenza, e a Actitude ante a morte na Ansiedade ante a morte, en participantes de distintas idades. Para iso, aplícanselles as seguintes escalas: Vividness of Visual Imagery Questionnaire ( VVIQ; Marks, 1973), Death Attitude Profile- Revised ( DAP- R; Wong, Reker e Gesser, 1994), Death Anxiety Scale (DÁS; Templer, 1970), Escala de Doenza, e Escala de imaxe da morte, a unha grupo de 300 estudantes de 3º e 4º da ESO (Estudo 1) e a un grupo de 300 estudantes universitarios de 3º e 4º de distintos Graos (Estudo 2). Á súa vez, desexamos saber como inflúe a idade (Estudo 3) en cada unha destas variables, e para iso tomamos os participantes e datos dos dous estudos anteriores (dous grupos de idades diferentes).