O pensamento pedagóxico de Emilia Pardo Bazán e José Rodríguez Carracidodúas novelas para a educación dun novo século

  1. López Sández, María 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela
    info

    Universidade de Santiago de Compostela

    Santiago de Compostela, España

    ROR https://ror.org/030eybx10

Revista:
La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán

ISSN: 1697-0810

Ano de publicación: 2020

Número: 15

Páxinas: 73-86

Tipo: Artigo

DOI: 10.32766/TRIBUNA.15.296 DIALNET GOOGLE SCHOLAR lock_openDialnet editor

Outras publicacións en: La Tribuna: cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán

Resumo

A coincidencia no cultivo do xénero da estudantina en Emilia Pardo Bazán e José Rodríguez Carracido é reveladora dun interese común por preocupacións pedagóxicas que se expresan tamén noutros escritos non ficcionais de ambos. A pesar das diferenzas de xénero e clase, existen nos seus posicionamentos algunhas notables concomitancias: a defensa da vocación fronte ás imposicións externas; a crítica a unha aprendizaxe superficial, mecánica, memorística e excesivamente especializada; a defensa da necesidade de que conflúan coñecemento teórico e aplicación práctica. Partindo da inserción da estudantina no marco máis amplo do Bildungsroman, Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina (1879) e La muceta roja (1890) coinciden en presentar, a través dos seus argumentos, exemplos de formacións fracasadas. É revelador este contraste co fin exitoso da máis coñecida novela do grupo da estudantina compostelá, La casa de la Troya (1915), de Alejandro Pérez Lugín ou, no marco máis amplo do Bildungsroman, respecto a Arredor de sí (1931), de Ramón Otero Pedrayo. As formacións frustradas de Pascual e Jacobo apuntan, de maneira alegórica, ao que a colectividade perde, facendo intuír a oportunidade que se abriría cunha educación concibida doutro xeito.