Virgilio en Nebrija. El comentario de textoscontribución al estudio de un género literario

  1. Fernández Gómez, Mª Margarita
Dirixida por:
  1. Helena de Carlos Villamarín Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 13 de maio de 2022

Tribunal:
  1. Teresa Jiménez Calvente Presidente/a
  2. Antonio Azaustre Galiana Secretario
  3. María Sanz Julián Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana

Tipo: Tese

Teseo: 728993 DIALNET

Resumo

O presente traballo aproxímase á tradición dos comentarios virxilianos centrándonos na figura dun dos representantes da mencionada tradición: Elio Antonio de Nebrija (!41-1522). O nebrisense compuxo unha paráfrase da obra canónica do vate da latinidade, e a obra constitúe un dos primeiros textos impresos en España. A nosa investigación baséase no exemplar conservado na Biblioteca Xeral de Santiago de Compostela, o cal trancribimos ao longo do traballo. A introdución da tese pretende contextualizar a esencia didáctica da paráfrase, e xustificar a composición da obra nunha etapa histórica tan rica en matices e diversidade como é o Renacemento, máxime se temos en consideración que esta época asume en España rasgos propios e específicos derivados do marco histórico en que a nación se atopa. O texto obxecto de exame é particularmente suxestivo, pois conecta estreitamente a dous persoeiros insignes nas letras occidentais: o Poeta latino con maiúsculas, Virxilio, e Nebrija, autor da primeira gramática dunha lingua vernácula, o castelán,