O cancioneiro de Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo

  1. De Santiago Gómez, Carmen
Dirixida por:
  1. Pilar Lorenzo Gradín Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 02 de marzo de 2022

Tribunal:
  1. Mercedes Brea López Presidenta
  2. Meritxell Simó Torres Secretario/a
  3. Simone Marcenaro Vogal
Departamento:
  1. Departamento de Filoloxía Galega

Tipo: Tese

Teseo: 705957 DIALNET

Resumo

A Tese de Doutoramento que aquí se presenta tivo como obxectivo prioritario a fixación crítica da produción lírica de Johan Soarez Somesso (ca. 1223-1250), conforme aos principios que sustentan a moderna crítica textual. Os testemuños manuscritos –neste caso, o Cancioneiro da Ajuda e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa– transmiten vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de escarnio atribuídas a este autor. O estudo de dito corpus ofrece relevancia en dúas frontes: por unha banda, Somesso é un dos primeiros representantes do movemento trobadoresco galego-portugués e, pola outra, a súa poesía ofrece trazos innovadores aos que aínda non se dedicou un estudo pormenorizado. O establecemento crítico do corpus textual do autor irá acompañado do exame das características temáticas e poéticas que configuran a súa produción. Así mesmo, o estudo contemplará a análise da documentación histórica que permita ancorar o período de actividade poética do trobador e a revisión exhaustiva da transmisión manuscrita do seu “cancioneiro”.