Two new genera in the Omphalodes group (Cynoglosseae, Boraginaceae)
- Serrano, M. 1
- R. Carbajal 1
- A. Pereira-Coutinho 2
- S. Ortiz 1
- 1 Departmento de Botánica, Universidade de Santiago de Compostela
- 2 CFE, Centre for Functional Ecology, Department of Life Sciences, University of Coimbra
ISSN: 1130-9717
Ano de publicación: 2016
Número: 23
Páxinas: 1
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: NACC: Nova acta científica compostelana. Bioloxía
Resumo
Neste estudo analisamos as relacións filoxenéticas de Omphalodes (Boraginaceae, Cynoglosseae) no contexto da tribo Cynoglosseae, confirmándose como parafilético o xénero Omphalodes. Neste traballo colocamos o foco tanto nas relacións internas entre diversos representantes dos principais subgrupos dentro de Omphalodes (e incluíndo Omphalodes verna, a especie tipo), como nas relacións destes con outros xéneros das Cynoglosseae que teñen sido relacionados co grupo Omphalodes. A nosa análise filoxenética cos marcadores moleculares ITS e trnL-trnF estabelece a proximidade entre as Omphalodes americanas e o xénero Mimophytum, así como con Cynoglossum paniculatum e Myosotidium hortensia. As Omphalodes anuais do suroeste europeo forman un grupo característico merecedor de recoñecemento taxonómico. Describimos dous novos xéneros para reducir a parafília do xénero Omphalodes, acomodando as especies europeas anuais en Iberodes e Cynoglossum paniculatum en Mapuchea. O pólen deste último taxón é descrito en pormenor por vez primeira.