Autoagregación de tensioactivos catiónicos gemini e a súa incorporación en formulacións de nanovesículas
- Vicente Domínguez Arca
- Gerardo Prieto Estévez Director
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Año de defensa: 2022
- Jacqueline Forcada Garcia Presidente/a
- Alfredo J. Amigo Pombo Secretario
- Maria Elisabete Cunha Dias Real Oliveira Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Os liposomas son sistemas nanobiotecnolóxicos con un gran potencial para ser aplicados na administración de fármacos para o tratamento de diferentes tipos de enfermidades, na fase de diagnóstico e tamén na posible detección de enfermidades actuando como biosensores. O seu uso aumenta o índice terapéutico de fármacos, son seguros e moi biocompatibles. Varias propiedades destes vehículos, incluíndo o tamaño, carga superficial e a presenza de ligandos poden alterar o súa posible función. Polo tanto, os liposomas representan sistemas nanotransportadores atractivos para os fármacos e posúen un ampio potencial en diferentes ámbitos. En este proxecto proponse estudar novos sistemas liposómicos para aventurar novas aplicacións no ámbito biotecnolóxico. Para iso, plantexamos estudar sistema liposómicos compostos de fosfolípidos e dopalos con surfactantes catiónicos tipo gemini (GS). A idea fundamental radica en aportar propiedades diferentes (estabilidade, carga superficial, porosidade, permeabilidade, etc.) para aportar posibles aplicacións en diferentes ámbitos biotecnolóxicos. O estudo abordarase en tres bloques diferentes: (1) estudar o comportamento dos surfactantes gemini na superficie así como a termodinámica da autoagregación, (2) caracterizar os sistemas liposómicos coas distintas formulacións de distintos GS y (3) tratarase de encapsular diferentes tipos de medicamentos.