A marea negra do Prestigea implicación da comunidade científica galega

  1. Victoriano Urgorri 1
  1. 1 Universidade de Santiago. Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Libro:
Recursos en I+D+I dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08): avaliación e xuízo crítico
  1. Victoriano Urgorri (coord.)
  2. Marcos P. Señarís (coord.)

Editorial: Consello da Cultura Galega

ISBN: 978-84-92923-39-7

Ano de publicación: 2012

Páxinas: 7-23

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

Despois de nove anos dende o accidente do Prestige, é tempo dabondo para reflexionar con quietude sobre a peor marea negra que asolagou Galicia de chapapote. Con esa perspectiva, nesta introdución preténdese desentrañar moitas singularidades do panorama científico desenvolvido, facer o relato das moitas dificultades e complicacións científicas acaecidas e agromar algúns dos aspectosmáis escuros desta marea negra que asolou Galicia.Analízanse diversos aspectos do accidente, do afundimento do Prestige e da implicación dos científicos galegos no estudo da vertedura, describindo o tortuoso e difícil camiño polo que pasou a comunidade científica, especialmente a galega, que foi completamente marxinada, relegada e censurada. Saliéntanse especialmente catro apartados importantes: 1.- A marxinación da comunidade científica galega. 2.- A elaboración do PIC: Programa de Intervención Científica. 3.- A permanente tutela e censura científica. 4.- A contribución da comunidade científica galega na investigación da vertedura.