Understanding the enzymatic and cometabolic biotransformation of organic micropollutants under aerobic heterotrophic conditions
- David M. Kennes Veiga
- Juan Manuel Lema Rodicio Director
- Marta Carballa Arcos Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2022
- Francesca Malpei Presidente/a
- Teresa Alvariño Pereira Secretario/a
- Barth F. Smets Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O obxectivo principal desta tese é profundar no coñecemento da biotransformación dos microcontaminantes orgánicos (MCOs) en condicións aerobias heterótrofas, analizando se se produce de forma cometabólica e en función de que mecanismos e actividades encimáticas. Para iso, operáronse varios reactores e leváronse a cabo experimentos en batch en condicións heterótrofas onde se engadiu un substrato orgánico primario e MCOs en concentracións equivalentes ás ambientais. Monitorizouse o grado de biotransformación dos MCO e fixéronse análises tanto de produtos de transformación como de microbioloxía (ADN, ARN e proteoma). Os resultados destes experimentos permitiron obter unha mellor imaxe dos procesos, microorganismos e enzimas involucradas na eliminación de MCOs en sistemas de lodos activos.