Aprendizaxe baseada na prestación de servizos de administración informática na USC
- 1 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Electrónica e Computación
- Miguel Anxo Santos Rego (coord.)
- Alexandre Sotelino Losada (coord.)
- María del Mar Lorenzo Moledo
Editorial: Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico ; Universidad de Santiago de Compostela
ISBN: 9788416533978
Ano de publicación: 2016
Páxinas: 209-214
Congreso: Congreso Nacional de Aprendizaje-Servicio Universitario (7. 2016. Santiago de Compostela)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Presentamos unha experiencia de ApS, desenvolvida durante os últimos 4 cursos, consistente na realización de servizos de administración informática avanzada en distintos destinos dentro da Universidade de Santiago de Compostela. o servizo, estimado en 25 horas de tr aballo, levouse a cabo na materia optativa Administración Avanzada de Sistemas e redes, de 3º curso do grao en enxeñaría Informática. A aprendizaxe d@s alumn@s desenvolveuse realizando tarefas de administración informática de interese para a materia en contornas reais. A maioría dos destinos teñen un perfil informático avanzado, nomeadamente a oficina de Software libre do Consorcio Interuniversitario Galego e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC, incluíndo servizos como o desenvolvemento dunha plataforma web para preguntas e respostas, servidores de aplicacións web, xestores de metapaquetes software para o sistema operativo linux, entre outros. Trátase dunha actividade altamente motivadora para o alumnado, que realiza servizos atractivos e de utilidade para os destinatarios.