A climatology of western Mediterranean precipitation extremes focusing on the study of moisture origin

  1. Ínsua Costa, Damián
unter der Leitung von:
  1. Gonzalo Miguez Macho Doktorvater
  2. María del Carmen Llasat Botija Doktorvater/Doktormutter

Universität der Verteidigung: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 11 von März von 2022

Gericht:
  1. Romualdo Romero March Präsident/in
  2. Juan José Taboada Hidalgo Sekretär/in
  3. Raquel Nieto Muñiz Vocal
Fachbereiche:
  1. Departamento de Física de Partículas

Art: Dissertation

Zusammenfassung

A presente tese enmárcase no estudo da orixe da precipitación extrema e ten como principal obxectivo aclarar definitivamente cales son as principais fontes de humidade que alimentan as chuvias torrenciais do Mediterráneo Occidental. A principal ferramenta empregada para tal fin é unha técnica de rastrexo de humidade coñecida como trazadores de vapor de auga. Esta técnica acóplase a un modelo meteorolóxico, no noso caso o WRF (Weather Research and Forecasting model). O modelo executouse para máis dun cento de casos ocorridos en diferentes países do Mediterráneo entre 1980 e 2015. Isto fixo posible extraer conclusións xerais e robustas, mellorando así o coñecemento previo sobre este asunto, que se baseaba xeralmente no estudo de casos concretos en zonas concretas. A principal conclusión que se extrae da tese é que a aportación do Mar Mediterráneo como fonte de humidade é, en termo medio, menor do que moitas veces se presume, arredor dun 35%. Encontramos que as fontes remotas, nalgúns casos tan remotas coma o Pacífico tropical ou o hemisferio sur, xogan un papel determinante nestes eventos. De feito, a contribución de fontes remotas é en termo medio superior á contribución de fontes locais nun 10%. Polo tanto, se queremos comprender plenamente este tipo de eventos catastróficos, temos que estudalos dende un enfoque máis global e menos local ou rexional, especialmente cando intentan atribuírse ao cambio climático.