El impacto en las redes sociales de los diseños de comunicación de Casas Realesuna comparativa de actos protocolarios de la monarquía inglesa y española

  1. Hasan Flores, Layla
Dirixida por:
  1. José Luis Piñuel Raigada Co-director
  2. María José Arrojo Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 31 de marzo de 2022

Tribunal:
  1. María Antonia Arias Fernández Presidenta
  2. José Juan Videla Rodríguez Secretario/a
  3. Emma Torres Romay Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 716476 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A maneira de comunicar da monarquía, percibida como un órgano político histórico e tradicional, viuse condicionada pola irrupción de novas canles de comunicación da era dixital. As novas tecnoloxías supuxeron unha fonte de inquedanzas que veñen da capacidade que ofrecen estas ferramentas para interactuar coa institución. Non cabe dúbida de que os medios son un dos principais creadores de opinión pública, polo que Twitter convértese nun factor crítico para influír na opinión pública. O propósito desta investigación foi: coñecer os efectos das accións comunicativas da monarquía española e británica para os usuarios de Twitter, pescudar se a súa estratexia de comunicación beneficia ou prexudica a súa imaxe como institución do Estado e, determinar se fomenta a bidireccionalidade das mensaxes co público. Elíxese Twitter por ser unha rede social clara e transparente con igualdade de acceso. Optouse por seleccionar actos que tivesen un nivel de impacto suficiente na sociedade para obter conclusións que achegasen contido á investigación. Elixíronse publicacións (2018 - 2020) protagonizadas por Felipe VI e Isabel II e realizouse un estudo comparativo. A metodoloxía apoiouse na etnografía virtual desde enfoques cuantitativos e cualitativos cun compoñente observacional e interpretativo centrado na análise de contidos. Co obxecto de comparar a interacción comunicativa a través de Twitter nestas dúas monarquías contemporáneas, optouse por seleccionar en ambas as dúas monarquías eventos de referencia sobre os cales ambas comezaron o seu discurso en Twitter nos últimos anos: o día dos aniversarios (acontecer que, aínda en diferente data, repítese cada ano e ten un carácter biográfico); a felicitación de Nadal (tamén é unha cita anual habitual pero de carácter festivo e social); e un acontecer de crise e evento socialmente catastrófico como a invasión de contaxios pola Covid-19. Seleccionáronse estes 3 eventos dun mesmo ámbito temático en cada unha das monarquías. En concreto, a selección foi a seguinte: a celebración do aniversario de Isabel II e Felipe VI en ambos casos representativa dun acto biográfico privado, o pregón de Nadal de ambos monarcas por tratarse dun acto tradicional de carácter institucional, e o discurso extraordinario institucional con motivo da pandemia mundial Covid-19. 7 O estudo céntrase na publicación de vídeos en Twitter protagonizados por Felipe VI e Isabel II, coa excepción do aniversario do monarca español, que non publica vídeo. Para abordar este obxecto de estudo ademáis optouse pola estratexia de seleccionar e rexistrar o máis aproximadamente posible as reaccións en Twitter para cada evento no último ano: concretamente, os 100 primeiros chíos de resposta o mesmo día de cada evento cuxa publicación aparece nas contas oficiais que cada monarquía ten en Twitter. No caso da mostra do Discurso de Nadal de Felipe VI son 61 tweets e no acto do aniversario de Isabel II as cifras absolutas son 104, sendo obrigado respectar que sexa o mesmo día da publicación que cada monarquía fai nas súas contas de Twitter. Esta selección de aproximadamente 100 mensaxes por publicación e evento non só habería de permitir un maior rigor para establecer a comparación senón ademais, e sobre todo, percibir os perfís procedentes daqueles usuarios de Twitter supostamente máis activos e urxentes para publicar as súas apreciacións máis inmediatas respecto ao seu monarca. As conclusións confirman que ambas monarquías fan uso dunha estratexia de comunicación propia das institucións públicas que aspiran a acadar unha boa imaxe ante os cidadáns, que demandan unha maior transparencia informativa. Porén, os resultados da análise mostran que Twitter non desenvolve a bidireccionalidade nin a interacción propia da súa natureza como rede social. Tampouco é un aliado da Casa Real española fronte a opinión pública, a diferenza do que acontece na coroa británica. Esta plataforma convértese nunha canle de eloxios cara á institución.