Como valora-lo monte ?problemas de integrar as súas implicacións ecolóxicas dentro da contabilidade nacional
- M.L. Chas 1
- X.R. Doldan 2
- M.C. Lorenzo 2
- 1 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Métodos Cuantitativos
- 2 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
- Alberto Rojo Alboreca (coord.)
- Ignacio Javier Díaz-Maroto Hidalgo (coord.)
- Juan Gabriel Alvarez González (coord.)
- Marcos Barrio Anta (coord.)
- Fernando Castedo Dorado (coord.)
- Guillermo Riesco Muñoz (coord.)
- Antonio Rigueiro Rodríguez (coord.)
Editorial: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia
ISBN: 84-931244-2-7, 84-931244-4-3
Ano de publicación: 2000
Volume: 2
Páxinas: 379-391
Congreso: Congreso de Ordenación y Gestión Sostenible de Montes : (Santiago de Compostela, 4-9 de octubre de 1999) (1. 1999. Santiago de Compostela)
Tipo: Achega congreso
Resumo
Moitos economistas cren que os bosques non teñen recibido unha correcta valoración en termos económicos. Os problemas de valoración existen porque o monte proporciona unha grande cantidade de bens e servicios que, moitas veces, pasan polo mercado tradicional, pero tamén se comercializan en mercados informais producindose infravaloracións. Outro grupo de outputs procedentes dos montes non son comercializados, polo que o seu valor é totalmente ignorado. Parece claro que, aínda recoñecéndose o valor medioambiental dos montes, este non é medido correctamente. Por outra parte, esta situación vese agravada polo feito de que, a pesar de ser un recurso biolóxico renovable, non se ten en conta a depreciación causada por unha explotación excesiva. O obxectivo desta comunicación é analizar os problemas que atopamos no tratamento do monte no sistema de contabilidade tradicional, e estudiar cómo se recollerían os activos forestais de non mercado no Sistema Integrado de Contas Económicas e Medioambientais proposto polas Nacións Unidas.