Dinamización do proceso de concentración parcelaria forestal a través de fotointerpretación e técnicas six

  1. D. Miranda 1
  2. M.F. Marey 1
  3. X.P. González 1
  1. 1 Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñería Agroforestal
Libro:
Actas del Congreso de Ordenación y Gestión Sostenible de Montes : (Santiago de Compostela, 4-9 de octubre de 1999)
  1. Alberto Rojo Alboreca (coord.)
  2. Ignacio Javier Díaz-Maroto Hidalgo (coord.)
  3. Juan Gabriel Alvarez González (coord.)
  4. Marcos Barrio Anta (coord.)
  5. Fernando Castedo Dorado (coord.)
  6. Guillermo Riesco Muñoz (coord.)
  7. Antonio Rigueiro Rodríguez (coord.)

Editorial: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ; Junta de Galicia = Xunta de Galicia

ISBN: 84-931244-2-7 84-931244-3-5

Año de publicación: 2000

Volumen: 1

Páginas: 267-277

Congreso: Congreso de Ordenación y Gestión Sostenible de Montes : (Santiago de Compostela, 4-9 de octubre de 1999) (1. 1999. Santiago de Compostela)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Na actualidade, a cada vez meirande demanda, que está a xurdir pola necesidade dunha reorganización da propiedade forestal, precisa de procedementos específicos e máis áxiles que os das actuacións clásicas de concentración parcelaria en terreos agrícolas, que eviten en definitiva importantes mermas productivas. Como é ben sabido, Galicia caracterízase por unha atomización xeneralizada dos seus montes. Esta situación de minifundio forestal está a crear unha situación desfavorable para os selvicultores galegos, aínda tendo en conta a súa situación xeográfica favorable, con condicións edáficas e climatolóxicas idóneas para a producción forestal. Segundo o anterior, as solucións que se están levando á práctica pasan por unha potenciación do asociacionismo entre propietarios, vencellado a unha reestructuración da propiedade. Esto último responde á necesidade dunha superficie mínima que facilite a mecanización dos traballos selvícolas, á importancia das infraestructuras para realizar o aproveitamento forestal, etc. A optimización das devanditas técnicas, asociacionismo e concentración parcelaria forestal, veñen dadas por unha maior difusión das avantaxes do asociacionismo e por unha maior dinamización nas actuacións de reestructuración da propiedade. A ralentización deste procedemento, a miúdo atingue a cada unha das fases do proceso, producindo grandes perdas na producción forestal, así como o desalento dos propietarios dos montes afectados. Esto xustifica a necesidade dun maior dinamismo no proceso, realizando un procedemento abreviado para as concentracións parcelarias de carácter forestal, onde se minimice o tempo transcorrido entre a valoración do voo e a toma de posesión das fincas. Este último punto vese claramente favorecido cando empregamos as técnicas apropiadas para a realización do proxecto de concentración, tal e como se presenta neste traballo, que xa constitúe unha experiencia practicada con éxito noutros países veciños; baseada na utilización de ortofotos para a elaboración da cartografía, fotointerpretación de estereofotografías aéreas en color para a valoración das masas arbóreas (a través do cálculo de existencias) así como para determinar os usos do solo, e por último, as tarefas de análise para a elaboración da cartografía final, coa que se poden obter as fincas de retorno mediante a implementación dun Sistema de Información Xeográfica que aportará potencialidade, dinamismo e eficacia á devandita análise.