A identidade galega no mundo da globalizaciónsociedade, lingua e cultura

  1. Uxío Breogán Diéguez coord.
  2. Dolores Vilavedra coord.

Editorial: Museo do Pobo Galego

ISBN: 9788488508744

Ano de publicación: 2021

Congreso: Foro do Instituto de Estudos das Identidades (6. 2020. Santiago de Compostela)

Tipo: Libro

Resumo

No presente volume preséntase o resultado do VI Foro do Instituto de Estudo das Identidades (IEI), adscrito ao Museo do Pobo Galego. Este sexto encontro promovido polo IEI realizouse arredor do tema A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, lingua e cultura, baixo a coordinación de Uxío-Breogán Diéguez e Dolores Vilavedra, en colaboración co Consello da Cultura Galega. Vinte intelectuais, organizados en cinco mesas-coloquio, reflexionaron en conxunto durante meses sobre este relevante tema marco, e as súas derivadas, a partir de finais de 2019. Salvando o contexto pandémico, entre novembro e decembro de 2020 desenvolvéronse as presentacións das principais conclusións dos debates suscitados. No presente volume recóllense, así pois, os textos xerados a partir das devanditas reflexións e conversas mantidas en cada unha das devanditas cinco mesas-coloquio, moderadas por cinco especialistas en distintas áreas de coñecemento, a saber: A identidade cultural galega en tempos de globalización, coordinada por Paulo Carlos López, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela; Identidade, patrimonio cultural e territorio, coordinada pola profesora Concepción Losada Vázquez, vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego e coordinadora do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI); Medios de comunicación, novas tecnoloxías e identidade, coordinada por Ramón Vilar Landeira, xornalista, escritor e exdirector de Vieiros; Cultura popular, identidade e sociedade civil, coordinada por Prudencio Viveiro Mogo, historiador e integrante do consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia e Crear en galego nun mundo globalizado, mesa coordinada por Manuel Blanco, xurista, escritor e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego. Após vinte anos do cambio de século, e inmersa Galiza na progresiva normalización dos enormes e significativos cambios estructurais que aquel trouxo consigo, agardamos que este volime coral deite algo de luz nun tema tan actual, coma complexo e relevante, dadas as consecuencias que o fenómeno da globalización está xa a ter en materia social, lingüística e cultural (e non só)