The transition of food consumption towards sustainable patterns based on environmental, economic and nutritional aspects
- Esteve Llorens, Xavier
- Sara González García Director
- Gumersindo Feijoo Costa Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Ano de defensa: 2022
- María Rosaura Leis Trabazo Presidenta
- Alba Bala Gala Secretario/a
- Paula Sofia Gil Neto Quinteiro Vogal
Tipo: Tese
Resumo
É máis urxente que nunca acadar un sistema alimentario sostible que sexa respectuoso co medio ambiente, que ofreza seguridade e calidade alimentaria a toda a poboación mundial e, ao mesmo tempo, sexa social e economicamente aceptable. Para iso, os cambios nos patróns alimentarios actuais son unha das ferramentas máis poderosas e eficaces. A adhesión ás dietas tradicionais, baseadas principalmente no consumo de produtos de orixe vexetal e o consumo limitado de produtos de orixe animal e ultra-procesados, considérase como a pedra angular para acadar este obxectivo. Así, esta tese ten como principal finalidade analizar diferentes patróns de consumo de alimentos desde o punto de vista ambiental, nutricional e socioeconómico, e propoñer as medidas axeitadas para lograr patróns dietéticos más sostibles. Ademais, o proceso de produción de alimentos tamén se analiza en profundidade mediante a análise do ciclo de vida de produtos agro-alimentarios relevantes.