Violencia, persecucións e relato na conformación do poder golpista en Santiago de Compostela, 1936

  1. García Ferreira, Rafael
Supervised by:
  1. Lourenzo Fernández Prieto Director
  2. Antonio Míguez Macho Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Year of defence: 2022

Committee:
  1. Ramón Villares Paz Chair
  2. Fernando Mikelarena Peña Secretary
  3. Teresa María Ortega López Committee member
Department:
  1. Department of History

Type: Thesis

Abstract

Esta disertación está relacionada co golpe de Estado de xullo de 1936 na cidade de Santiago de Compostela e en como se afianzaron os novos poderes a través do uso da violencia por diferentes vías. Por unha parte, estúdase a conspiración e o golpe de Estado en si, como acto de forza para desprazar ás autoridades e tomar o poder. Posteriormente, analízanse as diferentes formas de violencia e persecución que se puxeron en marcha contra unha parte da sociedade, e que tiñan como obxectivo consolidar ese poder: asasinatos, denuncias, depuracións... Estúdanse tanto os procesos como a responsabilidade nestas accións e en que medida uns e outros tiveron participación nelas. Finalmente, analízanse os diferentes espazos que actuaron como lugares de violencia e a súa relación con vítimas e verdugos, dándolle unha dimensión e un punto de vista máis a todos os procesos que se analizan.