Sistema combinado dixestor-humidal seguido de fotodegradación para a depuración de augas residuais e contaminantes orgánicos emerxentes

  1. Sánchez Núñez, Marta
Dirixida por:
  1. Manuel Soto Co-director
  2. Isabel Ruiz Bolaños Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 10 de decembro de 2021

Tribunal:
  1. Francisco Omil Prieto Presidente
  2. Pablo Ligero Secretario/a
  3. Cristina Ávila Martín Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 697221 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Na Galiza, o modelo actual de asentamento da poboación caracterízase pola súa alta dispersión xeográfica, con núcleos de até 2000 habitantes que representan o 48% da poboación total. Así, o tratamento descentralizado das augas residuais xorde como unha solución lóxica para abordar os problemas de sustentabilidade dos sistemas convencionais, impulsando os sistemas baseados na natureza. Entre eles, os humidais construídos que, en combinación con dixestores anaerobios, acadan un alto rendemento na depuración das augas residuais urbanas en canto aos parámetros convencionais de calidade de auga. Para acadar un tratamento avanzado das augas residuais urbanas, na presente tese experimentouse un sistema compacto de tres etapas: dixestor anaerobio (pre-tratamento), humidal construído de fluxo vertical (como principal unidade de tratamento) e fotodegradación (post-tratamento). Este sistema combinado perseguiu, principalmente, a intensificación na eliminación de nitróxeno, de contaminantes orgánicos emerxentes e de microorganismos patóxenos con dotacións de superficie que non superen 1m2/habitante equivalente. Ademais, probouse un novo deseño de dixestor anaerobio híbrido, para facilitar a súa integración nos sistemas combinado dixestor-humidal, así como varios post-tratamentos baseados na fotocatálise heteroxénea. Finalmente, tanto a escala de laboratorio como de planta piloto, acadouse unha alta eficacia de tratamento no sistema combinado dixestor-humidal-fotodegradación sobre os parámetros estudados.