Biometría, fase migratoria e pesca da anguía europea Anguilla anguilla (Linnaeus, 1758) no estuario dos ríos Ulla e Umia e na ría de Arousa (NO de España)

  1. Sergio Silva 1
  2. José C. Carballo 2
  3. Sandra Barca 1
  4. Rufino Vieira-Lanero 1
  5. Javier Sánchez-Hernández 2
  6. David José Nachón 1
  7. M. Carmen Cobo 1
  8. Fernando Cobo 3
  1. 1 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Universidade de Santiago de Compostela. Vilagarcía de Arousa
  2. 2 Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
  3. 3 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Universidade de Santiago de Compostela. Vilagarcía de Arousa ; Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
Revista:
GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)

ISSN: 2659-8760

Ano de publicación: 2019

Volume: 1

Número: 1

Páxinas: 85-89

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)

Resumo

A angúia europea [Anguilla anguilla (Linnaeus, 1758)] é unha especie catádroma cunha poboación panmíctica europea que sufriu un drástico declive nas últimas décadas. Este estudo tivo como obxectivos a caracterización da poboación e a pesquería de anguía no estuario do río Ulla, o complexo Umia-O Grove e na ría de Arousa(NO de España), e investigar se esta pesquería se axusta ás regulacións de pesca aplicadas para alcanzar unha explotación sostible do recurso. As anguías foron capturadas usando butróns en mostraxes realizadas polo grupo de investigación ou por parte de pescadores comerciais en xullo de 2017. Tamén se realizaron enquisas a pescadores e maioristas. En total examináronse 772 anguías. Rexistráronse diferenzas significativas entre o estuario do Ulla (zona de pesca) e o complexo Umia-O Grove (área vedada) nas capturas por unidade de esforzo e na lonxitude total, peso e factor de condición das anguías capturadas. Os resultados das enquisas suxiren que existen diversas prácticas ilegais que reducena a efectividade das medidas aplicadas para a conservación e explotación sostible desta especie ameazada e evidencian a necesidade dun control da pesca máis estricto e eficaz