Invasións biolóxicas e expectativas de risco sanitario : esquistomose uroxenital e bulinus truncatus (Audouin, 1827) (Gastropoda, Bulinidae), unha alianza no acocho

  1. José Llovo Taboada 1
  2. M. Carmen Cobo 2
  3. Sandra Barca 2
  4. Rufino Vieira-Lanero 2
  5. Sergio Silva 2
  6. Javier Sánchez-Hernández 3
  7. David José Nachón 2
  8. María Rodríguez Velasco
  9. Aldara Vallejo Alonso 1
  10. Ana Rodrigo Moreno 1
  11. Daniel Navarro de la Cruz 1
  12. Fernando Cobo 4
  1. 1 Servicio de Microbiología y Parasitología. Complejo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
  2. 2 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Vilagarcía de Arousa
  3. 3 Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
  4. 4 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Vilagarcía de Arousa; Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Facultade de Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
Revista:
GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)

ISSN: 2659-8760

Ano de publicación: 2019

Volume: 1

Número: 1

Páxinas: 71-77

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)

Resumo

Descoñécese aínda moito dos trazos das posibles implicacións sanitarias do crecente número de especies alóctonas introducidas en Galicia. Unha destas especies é Bulinus truncatus (Audouin, 1827), gasterópodo orixinario de África e Oriente Próximo presente nas lagoas costeiras de Xuño e Vixán, e que é un dos hospedes intermediarios do trematodo Schistoma haematobium (Bilharz, 1852). S. haematobium é responsable da esquistomose uroxenital, parasitose considerada endémica de África pero que, debido á presenza de especies como B. truncatus no sur de Europa, podería emerxer coma unha enfermidade autóctona nesta zona. O presente estudo deriva da diagnose de esquistomose uroxenital nun paciente varón de 20 anos, procedente de Madagascar e resdiente en España fai cinco anos, que vive nunha zona próxima a estas lagoas costeiras. O obxectivo deste traballo foi determinar a posible compatibilidade entre exemplares gasterópodos procedentes da lagoa de Vixán co trematodo. E, polo tanto, avaliar a posibilidade de que o parásito complete o seu ciclo en entornas naturais distintas da súa distribución orixinal