Validación do uso de tests de detección de sangue para o estudo da alimentación postmetamórfica de lampreas
- Sergio Silva 1
- Sandra Barca 1
- Rufino Vieira-Lanero 1
- Javier S
- David José Nachón 1
- 1 Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con". Universidade de Santiago de Compostela. Vilagarcía de Arousa
ISSN: 2659-8760
Ano de publicación: 2019
Volume: 1
Número: 1
Páxinas: 79-83
Tipo: Artigo
Outras publicacións en: GalHidria: revista da Asociación Galega de Investigadores da Agua (AGAIA)
Resumo
O uso de probas presuntivas de detección de sangue para a investigación da alimentación hematófaga das lampreas deber ser validado e estandarizado. O obxectivo deste estudo foi investigar a existencia de falsos positivos e negativos cando se usa este método e investigar posibles tratamentos adicionais [tratamento térmico, esterilización con luz ultravioleta, mestura da mostra con ácido etilendiaminotetraacético de sodio (EDTA)]. Para a detección de sangue utilizáronse dúas probas presuntivas : tiras reactivas (Mission) e Bluestar. Todas as probas foron realizadas antes e despois de cada tratamento. Para este estudio utilizáronse 20 individuos postmetamórficos de lamprea mariña (Petromyzon marinus Linnaeus, 1758) capturados mentres se alimentaban e posteriormente conxelados, así como a sangue doutras especies obtidas en mercados locais. Todos os resultados antes e despois de cada tratamento, para todas as mostras e con ambos test de detección de sangue foron positivos. A observación de glóbulos vermellos ao microscopio permite validar estes resultados; sen embargo, a conxelación da mostra causou a degradación destas células impedindo esa validación. Os resultados suxiren que nin o método nin os tratamentos producen falsos negativos ou os producen nunha porcentaxe moi baixa. Futuros estudos deben determinar a posible existencia de falsos positivos e a efectividade dos tratamentos para reducir a súa presenza. Para este fin, deben recollerse mostras frescas de excrementos.